La Opinión A Coruña

Trece artistas asturianos fan cancións con textos de Manfer

En Asturies tamén celebran anualmente a obra dun escritor histórico sobranceiro co gallo do Días das Lletres Asturianes. Unha interesante iniciativa musical, apoiada dende a Conseyería de Cultura do Gobiernu d’Asturies, deu como resultado a edición de 13 X Mánfer, un disco que ten como obxectivo recuperar parte da obra poética do escritor Mánfer de la Llera, a figura a quen homenaxearon este ano polo seu bo facer literario.

Portada da obra. | Ambitu

Trece artistas aportan as súas versións e aí atopamos a poderosa gorxa de Anabel Santiago, coa súa tonada tradicional sempre presente na voz, aos  irmáns Valle Roso, tonadistas con toques máis contemporáneos, e os cantautores Xabel,Toli Morilla, Alfredo González e Xel Pereda, membro do coñecido grupo folk Llan de Cubel. Quedándonos nese mesmo estilo achamos entre os participantes aos grupos Felpeyu e Xera, estes últimos máis volcados cara ao elecrónico no seu concepto musical.
No apartado máis tradicional desta obra tamén incluíron neste traballo conxunto ás pandereteiras Herbamora. O álbum recupera a unha histórica formación que pertenceu ao movemento Nuevu Canciu Astur, Renacencia, que volven xuntarse para esta obra. Dark la eMe móvese na escena do hip hop e para pechar o disco están Dixebra, seguramente a banda rockeira máis popular do territorio asturiano.

Etiquetas: , , , , , , , , , , , , , ,

Escribe una respuesta