La Opinión A Coruña

O conxunto Assembly Point prepara o seu debut no mundo discográfico

O trío Assembly Point.

O trío Assembly Point vai realizar a súa estrea discográfica nas vindeiras datas co selo Zouma Records.
Este proxecto musical internacional está formado polo portugués Luis Peixoto, multi-instrumentista especializado en instrumentos de corda portugueses, o violinista irlandés Eoghan Neff, coñecido aquí por formar parte da banda do gaiteiro Anxo Lorenzo e o galego Fernando Barroso, músico especializado en instrumentos de corda, que forma parte dos grupos Riobó, Coanhadeira e representa unha das novidades da nova etapa de Os Cempés.
A proposta musical da formación ten un alicerce importante nos sons célticos.

Etiquetas: , , , , , , , , , , , ,

Escribe una respuesta