Escolas deportivo

Inscríbete a

OS NOSOS VALORES ESCOLAS 110% BRANQUIAZUIS

Este curso 2018/2019 o R.C. Deportivo e La Opinión volven co proxecto 'Os Nosos Valores - Escolas 110% Branquiazuis'. A mellor maneira de coñecer de cerca ao Dépor e os valores positivos do deporte. Proxecto destinado aos cursos de 6º de primaria dos centros da Coruña e a súa área metropolitana.

Concurso y premios Gala do Deporte da Coruña e a súa Comarca

Concursos de Debuxo e Redacción 2017/2018: Trazos e historias deportivistas

Os gañadores dos concursos de debuxo e redacción de 'Os Nosos Valores-Escolas 110% Branquiazuis', proxecto do Deportivo e LA OPINIÓN, recollerán os seus premios o próximo xoves. Coñece as seis creacións que foron escollidas

VER GAÑADORES »

En colaboración con

Libro 110% blanquiazul Deposrtivo de A Coruña

OS NOSOS VALORES
ESCOLAS 110% BRANQUIAZUIS: PROXECTO EDUCATIVO

O RC Deportivo é un dos sinais de identidade da Coruña e un vehículo perfecto para trasladar valores positivos aos mozos.

Este proxecto educativo intentará trasladar eses valores cunha charla educativa, realizada por un xornalista especializado na historia do RC Deportivo e animada coa visita dalgún membro dos equipos de fútbol do RC Deportivo.

Descripción

Visita educativa a Riazor na que se coñecerá o estadio por dentro (vestuarios, palco, banquillos,...) e se fará un repaso pola historia do R.C. Deportivo, facendo especial fincapé nos valores positivos do deporte e a conexión coa historia da Coruña.

Lugar de realización

Estadio de Riazor (A Coruña). A loxística da viaxe corresponderá aos centros adscritos no proxecto.

Período de realización:

De novembro de 2018 a maio de 2019 en horario de 11.30 a 13.15 (horarios estimados de entrada e saída do estadio de riazor).

Alumnos destinatarios

Alumnado de 6º curso de Educación Primaria dos centros educativos públicos, concertados ou privados da área metropolitana da coruña.

Concurso

O alumnado dos centros adscritos ao programa poderán participar en dous concursos que se crearán para a proxecto. A mecánica de participación e os premios para os gañadores serán comunicados aos centros unha vez adscritos á iniciativa.

Invitacións para ver ao Dépor

O alumnado de 6º de Primaria que acudan á charla recibirán unha invitación do R.C. Deportivo para ver un partido de Segunda División no Estadio Abanca Riazor.

Libro 110% blanquiazul Deposrtivo de A Coruña
CONTACTO
LA OPINIÓN A CORUÑA

mas.laopinioncoruna.es/escolas-deportivo
escolas@laopinioncoruna.es

Teléfono: 981 21 74 00
Persoa de contacto: José A. Freire